
- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-8289-225-2
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- ANTOLOXIA POETICA SONORA
DE SOMBRAS E POEMAS QUE SON CASAS
ANTOLOXÍA POÉTICA SONORA
ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
A miña nai na praia, tarde turba
de ondas a ferver.
A miña nai quebrada, brinquedo de latón
contra os muros do mar. Que non se entende
a música do tempo, onde estarei
cando o meu fillo poña neste verso
aquela tarde furna, o vento escuro
no estupor da luz cóncava. Os avós
cantaban por enriba do balbordo
da escuma. Mar adentro,
a perderse nun erro da memoria.
A miña nai sen áncora
regresa aquí setenta anos despois
e permanece tráxica
fronte aos muros do mar.