0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : < Xenérica > 213 resultados

  • MORTO DE FAME
    MORTO DE FAME
    EL HEMATOCRÍTICO
    A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa q...
    En stock

    12,95 €

  • UN GORRO RUSO
    UN GORRO RUSO
    PÉREZ DÍAZ, CLAUDIO / PÉREZ MORATILLA, CLAUDIA
    O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere,...
    En stock

    16,95 €

  • MIÑOCA E COELLO
    MIÑOCA E COELLO
    VEIGA, RAMÓN D.
    Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas... Ou, se cadra, non tanto. ...
    En stock

    13,95 €

  • ARREPÍOS E OUTROS MEDOS
    ARREPÍOS E OUTROS MEDOS
    MIRANDA, XOSE / REIGOSA, ANTONIO
    "Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a p...
    En stock

    17,50 €

  • CARRILANAS BESTIAIS
    CARRILANAS BESTIAIS
    SOUTO, ESTEBAN
    Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros. E dos berros ás risas. Quen gañará a carreira? ...
    No disponible

    13,95 €

  • AS PEDRAS VERDES
    AS PEDRAS VERDES
    FERNÁNDEZ LORENZO, RAFAEL
    Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras...
    Disponible en 1 semana

    13,95 €

  • FALSO ANIVERSARIO
    FALSO ANIVERSARIO
    COSTAS, LEDICIA
    Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou Dinamito no seu laboratorio. Vai ser un aniversario imposible de esquecer, sobre todo porque o Outro Barrio aparece ateigado dunhas eirugas de luz que formaban parte do espe...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • POESÍA REUNIDA DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN
    POESÍA REUNIDA DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN
    MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS / ANGUEIRA, ANXO
    A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e pro...
    Disponible en 1 semana

    26,95 €

  • QUEN PRECISA UNHA AVOA?
    QUEN PRECISA UNHA AVOA?
    BARREIRA FREIJE, ANDREA
    Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as súas amigas para levalo a cabo. A conciliación familiar, as ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • HEARTSTOPPER, 1. RAPAZ COÑECE RAPAZ
    HEARTSTOPPER, 1. RAPAZ COÑECE RAPAZ
    OSEMAN, ALICE
    O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos.Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade.Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está máis interesado no Charlie do que calquera deles pensa.Este é o primeiro volume da serie best-séll...
    Disponible en 1 semana

    16,95 €

  • BENVIDO AO EQUIPO
    BENVIDO AO EQUIPO
    COSTAS, LEDICIA
    Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre!Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que ...
    Disponible en 1 semana

    10,95 €

  • EN LOITA CONTRA OS ROMANOS!
    EN LOITA CONTRA OS ROMANOS!
    GOSCINNY, RENÉ / CHOQUET, MATTHIEU / COULON, YVES / ERBIN, JÉRÔME
    Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxinas deste libro, Ideafix e os seus amigos (cans, gatos e mesmo aves) loitan sen cu...
    Disponible en 1 semana

    9,95 €

  • AS PEREGRINACIÓNS A COMPOSTELA
    AS PEREGRINACIÓNS A COMPOSTELA
    ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL
    Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ...
    Disponible en 1 semana

    17,95 €

  • OS SUICIDANTES
    OS SUICIDANTES
    AMEIXEIRAS, DIEGO / GUERRERO, TOMÁS
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia d...
    Disponible en 1 semana

    19,95 €

  • A INCRIBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO
    A INCRIBLE VIAXE DE ANTÍA AO CEREBRO HUMANO
    RIVAS RAMÍREZ, PAULA
    A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura.Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema ...
    Disponible en 1 semana

    13,95 €

  • A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS
    A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS
    CALO LOURIDO, FRANCISCO
    Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, a...
    Disponible en 1 semana

    26,95 €

  • PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
    PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA
    REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSE
    As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e ...
    Disponible en 1 semana

    15,50 €

  • AI, QUE RISA!
    AI, QUE RISA!
    COSTAS, LEDICIA
    O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organ...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • O MOUCHO VOA
    O MOUCHO VOA
    VAZQUEZ FREIRE, MIGUEL
    "O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía.Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filo...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • ANIMALIA, 4. GRIS
    ANIMALIA, 4. GRIS
    XOSÉ TOMAS
    «Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. «Animalia 4. Gris» céntrase nos animais urbanos. En que nos parecemos as persoas aos animais cos que convivimos a diario? ...
    Disponible en 1 semana

    13,95 €

  • XESTAS OLÍMPICAS
    XESTAS OLÍMPICAS
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles.O elemento en común dos relatos que con...
    Disponible en 1 semana

    12,50 €

  • A DEFUNCIÓN DOS SEXOS
    A DEFUNCIÓN DOS SEXOS
    FERRÁNDEZ PÉREZ, DANIELA
    A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexu...
    Disponible en 1 semana

    19,50 €

  • AXENTE RICIÑOS: MISIÓN PRINCESA
    AXENTE RICIÑOS: MISIÓN PRINCESA
    EL HEMATOCRÍTICO
    Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro. Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas. Algo que, coñecéndoa, non será nada doado...Tranquilas, princesas, Axente Riciños r...
    Disponible en 1 semana

    15,95 €

  • ANIMALARIO DE LER A DIARIO
    ANIMALARIO DE LER A DIARIO
    VELASCO, EDUARD
    Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día. ...
    Disponible en 1 semana

    12,50 €

  • CADERNO DE ESCRITA DIVERTIDA
    CADERNO DE ESCRITA DIVERTIDA
    EL HEMATOCRÍTICO
    Un caderno de escrita divertida pensado para os nenos e as nenas e os profes e as profas máis argalleirosEscribir é imaxinar.Imaxinar é divertido.Saca o teu lapis e imaxina:- O restaurante máis noxento do mundo. - Que es o amigo dun robot.- A peor película da túa vida.- Que entrevistas un piollo. - Un exame no que estás obrigado a sacar un cero.64 PÁXINAS - 40 EXERCICIOS - HORA...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • TEXTOS 1 EDUCACIÓN PRIMARIA. PROXECTO COMPRENDETEXTOS. TECELINGUA
    TEXTOS 1 EDUCACIÓN PRIMARIA. PROXECTO COMPRENDETEXTOS. TECELINGUA
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Disponible en 1 semana

    24,41 €

  • A VIDA NA GRECIA CLÁSICA
    A VIDA NA GRECIA CLÁSICA
    BLANCO, ALFONSO
    A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos. Neste libro aprenderás como era o seu día a día, as súas escolas, que comían e bebían, como vestían, como se entretiña...
    Disponible en 1 semana

    12,50 €

  • LINGUA, PODER E ADOLESCENCIA
    LINGUA, PODER E ADOLESCENCIA
    RODRÍGUEZ CARNOTA, MIGUEL
    O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do n...
    Disponible en 1 semana

    24,95 €

  • CANDO LEO
    CANDO LEO
    MEJUTO, EVA
    Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamoslevar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible.Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativospara render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder paratransformar o mundo. ...
    Disponible en 1 semana

    15,50 €

  • DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS
    DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS
    REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSE
    O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro con...
    Disponible en 1 semana

    39,95 €


01 02 03 04 05 06 07 08