0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : LIBROX 27 resultados

  • ABONDA CON VIVIR
    ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    En stock

    12,95 €

  • ARTE E ESCRITURA NA GALICIA MEDIEVAL
    ARTE E ESCRITURA NA GALICIA MEDIEVAL
    LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO
    A cultura sueva quedou marxinada en Galicia polo protagonismo visigodo. Por que foi ignorada a monarquía medieval galega? O arco de ferradura é utilizado en Galicia desde a época romana. Un libro que fala dos tópicos historiográficos que determinan a interpretación da nosa cultura medieval. ...
    En stock

    14,50 €

  • DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE
    DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE
    VAZQUEZ FREIRE, MIGUEL
    Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha cultura «elevada» fronte á literatura infantil e xuvenil. Un libro para coñecer a lix galega universal. ...
    En stock

    17,50 €

  • O POLBO E A SÚA COCIÑA
    O POLBO E A SÚA COCIÑA
    FELPETO LAGOA, MATILDE
    Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo. A maioría proceden dunha cociña familiar atlántico-mediterránea. Hai algunha incursión noutras cociñas, como a oriental, e nunha cociña que poderiamos denominar moderna ou actual. En calquera c...
    En stock

    14,50 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
    NICOLÁS, RAMÓN
    Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida. ...
    Disponible en 1 semana

    11,50 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    MIRO VILLAR
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor das Letras Galegas 2022. Unha traxectoria marcada polo compromiso antifranquista e republicano. Unha biografía ao servizo do galeguismo desde o exilio mexicano. ...
    Disponible en 1 semana

    9,95 €

  • XELA ARIAS. OS TERRITORIOS DA LIBERDADE
    XELA ARIAS. OS TERRITORIOS DA LIBERDADE
    NOGUEIRA, MARÍA XESÚS
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra da autora das Letras Galegas 2021.Unha poeta apaixonada pola contemporaneidade.Unha biografía que parte da voz da propia Xela Arias.Unha traxectoria marcada por un ideal de independencia. ...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • GUÍA DE CAMPO DA GALICIA ENCANTADA
    GUÍA DE CAMPO DA GALICIA ENCANTADA
    REIGOSA, ANTONIO
    Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares. Contos, tesouros, lendas urbanas, prodixios, mitoloxía, pontes, camiños... ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • CARVALHO CALERO, VIDA E OBRA DUN SER POLIFACÉTICO
    CARVALHO CALERO, VIDA E OBRA DUN SER POLIFACÉTICO
    DACOSTA, HENRIQUE
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos. ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO
    MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO
    TOJO, MARGA
    " Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madras...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares ?velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • HUMILDAR
    HUMILDAR
    DE TORO, SUSO
    Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcen...
    Disponible en 1 semana

    7,50 €

  • OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA
    OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA
    PILLADO MAIOR, FRANCISCO / SEOANE, XAVIER
    Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións i...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • AUTOBIOGRAFÍA DUN LABREGO
    AUTOBIOGRAFÍA DUN LABREGO
    MARIÑO FERRO, XOSE RAMON
    A " Autobiografía dun labrego " é a narración da vida dun campesiño real feita por el mesmo. Cóntanos como vivencia a súa propia cultura e, ao mesmo tempo, descóbrenos os costumes galegos sobre o noivado, o sexo, o casamento, a morte, as aparicións, as enfermidades etc., de tal xeito que o lector introdúcese no coñecemento da cultura popular coa mesma facilidade con...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • O LIBRO DOS CÓCTELES
    O LIBRO DOS CÓCTELES
    ORTIZ BORRÁS, DAVID
    A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc. outorgan ao cóctel como valor engadido, e, por último, o labor divulgativo e formador do que se fan eco ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • O PAÍS DA BRÉTEMA
    O PAÍS DA BRÉTEMA
    DE TORO, SUSO
    Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e di...
    Disponible en 1 semana

    17,50 €

  • DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL
    DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL
    QUEIXAS ZAS, MERCEDES
    Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, e...
    Disponible en 1 semana

    11,95 €

  • MANUEL MARÍA, BUSCANDO UN PAÍS
    MANUEL MARÍA, BUSCANDO UN PAÍS
    VEIGA, MANUEL
    Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país. Escribiu demasiados versos porque o silencio que quería romper era tamén excesivo. As súas mellores páxinas son as que dedicou á súa casa, á súa terra máis próxima e á súa muller, S...
    Disponible en 1 semana

    8,95 €

  • VENTO E CHUVIA (EDICIÓN DE CAMPO)
    VENTO E CHUVIA (EDICIÓN DE CAMPO)
    GAGO, MANUEL
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • VIAXE POR GALICIA
    VIAXE POR GALICIA
    BORROW, GEORGE
    «A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias viaxeiras do seu autor pola España de 1837. Malia a súa antigüidade, a lectura d...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • MARCAS
    MARCAS
    NAVAZA, XAVIER
    Mitos, valores e iconas que noutrora posuían un xorne idealista, utópico ou revolucionario, forman parte, hoxe, dos mecanismos de penetración cultural dos mercados, que asolagan o planeta con ofertas máxicas capaces de resolver as carencias e soidades da xente na sociedade global. Tras as grandes marcas comerciais están os grupos financeiros que, cada vez con máis intensidade, ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • GALICIA ENCANTADA
    GALICIA ENCANTADA
    REIGOSA, ANTONIO
    O proxecto ?Galicia Encantada? naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de hist...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA
    O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA
    LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO
    O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis r...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?
    E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?
    DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu fut...
    Descatalogado

    10,95 €

  • PEDRO PETOUTO
    PEDRO PETOUTO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas ?aínda non morrera Franco? estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante. O autor do libro, o profesor Xesús Alonso Mont...
    Disponible en 1 semana

    11,95 €

  • ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO
    ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO
    PASCUAL, ROBERTO
    Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos d...
    Descatalogado

    10,15 €

  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ
    COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ
    CALLÓN, CARLOS
    De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na ...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €