0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL TAMBRE (EDELVIVES) / Colección : < Xenérica > 121 resultados

  • BOA NOITE, MONSTRIÑOS!
    BOA NOITE, MONSTRIÑOS!
    MCLEAN, DANIELLE
    A noite do Samaín uns monstriños divírtense asustando a xente. Ata que o sono chama por eles e desfilan para a cama. Un libro con lapelas para ler antes de durmir. ...
    En stock

    12,90 €

  • ELSA E AS LUCES DA NOITE
    ELSA E AS LUCES DA NOITE
    FLEMING, LUCY
    Elsa é unha meniña que vive no abrigoso burato dun vello carballo. Ten dúas plumas por antenas e un par de ás delicadas e finas, a semellanza dunha velairiña, que non debe expoñer nunca ao sol. Por iso durme polo día e, coa lúa no alto do ceo, alza o voo e sae apañar a luz coa que logo alumea aos animais perdidos do bosque. Todos saberán agradecerlle a Elsa a súa inmensa bondad...
    En stock

    15,50 €

  • O ENFADO
    O ENFADO
    SERRA, ADOLFO / GARCIA, ESTER
    Filipo e Leo enfadáronse, así que cada un marcha polo seu lado. Pero un suceso inesperado fará que os dous corran a buscarse. ...
    En stock

    12,50 €

  • UNHA ESTRAÑA VISITA
    UNHA ESTRAÑA VISITA
    SERRA, ADOLFO / GARCIA, ESTER
    Unha estraña criatura anda pola Fraga de Ara, e todos os seus habitantes están inquietos. Será un marciano? Virá en son de paz? Estarán en perigo? Xuntos, terán que descubrir a verdade, sexa a que sexa. ...
    En stock

    12,50 €

  • O TESOURO DE TUTANGATÓN
    O TESOURO DE TUTANGATÓN
    PEREZ, SÉBASTIEN
    Alexandría, Exipto, 45 a. C. Por orde da raíña Cleogata, Gatlock e os seus amigos parten á busca dun fabuloso tesouro agochado no revirado labirinto dunha pirámide, onde axexan perigosas criaturas. ...
    En stock

    15,50 €

  • O PEQUENO SHERLOCK TÓUPEZ NA GRUTA DOS MORCEGOS
    O PEQUENO SHERLOCK TÓUPEZ NA GRUTA DOS MORCEGOS
    NUÑEZ, LOLA / ANTON, ROCIO
    O pequeno Sherlock Tóupez e os seus amigos son quen de resolver calquera misterio. Nesta ocasión, namentres xogan á lebrescura, Rufino métese nunha gruta escura e perigosa. Ninguén sabe onde está, pasa o tempo e non aparece... Serán quen de atopar o seu amigo?Interior impreso en letra escolar. ...
    En stock

    10,00 €

  • O NENO QUE QUERÍA FACER CACA
    O NENO QUE QUERÍA FACER CACA
    REQUENA, ALESSANDRA
    «Vai un día estupendo para se deitar ao sol, chapuzar e nadar na piscina de augas cristalinas…, ata que o meu irmán berra:—PAPÁ! QUERO FACER CACA!Arreando! Pero... daremos chegado a tempo ao baño?».Unha historia ben simpática sobre a gana de facer caca que nos aprende que ninguén está a salvo de imprevistos. Cando entra a gana, entra, e non hai que lle facer! ...
    En stock

    10,90 €

  • O GATOMINABLE MONSTRO DAS NEVES
    O GATOMINABLE MONSTRO DAS NEVES
    PEREZ, SÉBASTIEN
    Suíza, 1976. Terror no val! Un gatominable monstro das neves atemoriza a aldea de Appenzell. Na compaña da súa amiga a ratiña Magali, Gatlock non dubida en emprender a busca desa misteriosa criatura… ...
    En stock

    10,90 €

  • Á BUSCA DO TIKI DE OURO
    Á BUSCA DO TIKI DE OURO
    PEREZ, SÉBASTIEN / LACOMBE, BENJAMIN
    Océano Pacífico, 1657. A bordo dun barco pirata, o capitán Gatlock parte á busca dun misterioso talismán, o tiki de ouro. Os seus amigos, a rata Shaki, o papagaio Trópico e o tití Jackie non dubidan en arriscar as súas vidas para acompañalo. Avante, meus piratas! Á aventura! ...
    En stock

    10,90 €

  • CADELIÑO É O MELLOR
    CADELIÑO É O MELLOR
    KESELMAN, GABRIELA
    Cadeliño foi ao zoolóxico coa súa nai e alí atopou moitos animais: o león, a xirafa, o cisne... Todos tiñan algo especial, mesmo el, pero Cadeliño aínda non o sabía.Interior impreso en letra maiúscula. ...
    En stock

    10,00 €

  • O FRAC DO PINGÜÍN (E OUTROS CONTOS DE ANIMAIS)
    O FRAC DO PINGÜÍN (E OUTROS CONTOS DE ANIMAIS)
    CARLOS LOPEZ "CHINTO"
    Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa? Se tes curiosidade, abre este libro cheo de animais, entra nel (con tino de non pisar os bechos máis pequenos) e axiña o descubrirás. ...
    En stock

    10,50 €

  • UN FRAUTISTA EN NILEMAH
    UN FRAUTISTA EN NILEMAH
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Cando o bo de Filippo Lettera descubriu aquela rata que asomaba os bigotes pola rañura dunha caixa do correo, pouco podía imaxinar que tan só se trataba da primeira das miles e miles que ían tomar Nilemah (con hache tras do a) ata o punto de volver a vila do revés. Pero para todo hai solución. E, se non, que lles pregunten ao alcalde ou a Alfredinno Lettore, o moi sabido biblio...
    En stock

    11,50 €

  • O ROUBO DO COLAR DA RAÍÑA
    O ROUBO DO COLAR DA RAÍÑA
    PEREZ, SÉBASTIEN / LACOMBE, BENJAMIN
    Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763. Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón. ...
    En stock

    10,90 €

  • ATAQUE NO PAÍS DOS SAMUGATORAIS
    ATAQUE NO PAÍS DOS SAMUGATORAIS
    PEREZ, SÉBASTIEN / LACOMBE, BENJAMIN
    Tokio, 2020. Pánico na cidade! Unha maldición converte os gatos en estatuas. Gatlock lidera a investigación para descubrir a verdade. El e os seus amigos están preparados para calquera cousa. Mesmo para se enfrontaren aos terribles samugatorais! ...
    En stock

    10,90 €

  • DON XATA. O MISTERIO DAS BAGAS DOURADAS
    DON XATA. O MISTERIO DAS BAGAS DOURADAS
    FERNANDEZ SIFRES, DAVID
    Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitos para a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan… e coidar do seu bosque! ...
    En stock

    10,00 €

  • A DESAPARICIÓN DOS RATOS
    A DESAPARICIÓN DOS RATOS
    PÉREZ, SÉBASTIEN / LACOMBE, BENJAMIN
    Arrepiante suceso en París: a ratiña Magali desapareceu! E canda ela todos os ratos do barrio. Con gran valentía, Gatlock e mais os seus veciños con plumas ou de catro patas emprenden a pescuda. A Gatlock (case) nada lle pon medo. ...
    En stock

    10,90 €

  • AS CROQUETAS ENVELENADAS
    AS CROQUETAS ENVELENADAS
    PÉREZ, SÉBASTIEN / LACOMBE, BENJAMIN
    Nova York, 1917. Gran pelexa entre cans e gatos. Ed o fanfurriñeiro, o cadelo orellán, acusa o clan dos Gattuccini de tratar de envelenar as súas croquetas. Unha banda de cans contra unha de gatos: unha nova e perigosa misión para Gatlock, que deberá poñer paz entre eles. ...
    En stock

    10,90 €

  • O GRAN LIBRO DOS DINOSAUROS DE IAGO
    O GRAN LIBRO DOS DINOSAUROS DE IAGO
    SLEGERS, LIESBET
    Hoxe Iago vai visitar o museo dos dinosauros cos seus pais. Quere sabelo todo sobre eses animais! Logo van á súa casa os seus amigos Uxía e Alí e xogan a seren auténticosdinosauros. Grrr!Un libro ameno e informativo que lles descubre aos máis pequenos o mundo engaiolante dos dinosauros. ...
    En stock

    18,90 €

  • UN PÍCNIC TRANQUILO
    UN PÍCNIC TRANQUILO
    SERRA, ADOLFO / GARCIA, ESTER
    Filipo e Leo viven na fraga de Ara con outros animais. Malia seren moi distintos, son amigos inseparables. Encántalles compartir momentos especiais.Chegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban. ...
    En stock

    12,50 €

  • UNHA TARDE DE CHUVIA
    UNHA TARDE DE CHUVIA
    SERRA, ADOLFO / GARCIA, ESTER
    Filipo e Leo viven na fraga de Ara con outros animais. Malia seren moi distintos, son amigos inseparables. Encántalles compartir momentos especiais.Chove a caldeiros e semella que a tarde vai ser moi aburrida. Cada habitante da fraga pasa o día dun xeito diferente. Porque unha tarde gris pode ser estupenda. ...
    En stock

    12,50 €

  • VÍSTOME
    VÍSTOME
    LE HÉNAND, ALICE
    Vestirse é unha habilidade que tamén se aprende. Os protagonistas desde libro están aprendendo a facelo sós. ...
    En stock

    12,90 €

  • NON QUERO!
    NON QUERO!
    LE HÉNAND, ALICE
    Os protagonistas deste libro están aprendiendo que non sempre se pode responder >. ...
    En stock

    12,90 €

  • IAGO E O CORPO HUMANO
    IAGO E O CORPO HUMANO
    SLEGERS, LIESBET
    O noso corpo acompáñanos toda a vida. Velaí que sexa moi importante coñecelo e aprender a coidar del. Iago amósanolo dos pés á cabeza! Un libro que convida os máis cativos a descubrir o seu corpo e as súas emocións. ...
    En stock

    18,90 €

  • AS EMOCIÓNS
    AS EMOCIÓNS
    LE HÉNAND, ALICE
    Os protagonistas deste libro teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia. ...
    En stock

    12,90 €

  • Á MESA!
    Á MESA!
    LE HÉNAND, ALICE
    Os protagonistas deste libro están a aprender bos hábitos na mesa e a comer de forma sa e variada. ...
    En stock

    12,90 €

  • ABUR, CHUPETE!
    ABUR, CHUPETE!
    LE HÉNAND, ALICE
    Os máis cativos teñen que se enfrontar por primeira vez a algunhas situacións que non comprenden, lles dan medo ou os poñen nerviosos. Asimilar novos hábitos forma parte da súa aprendizaxe diaria. Libros que axudan a superar medos e a aprender hábitos básicos. ...
    En stock

    12,90 €

  • BOA NOITE, SONO
    BOA NOITE, SONO
    CRAHAY, ANNE
    Este libro propoñe catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar. Cada relaxación preséntase mediante unha descrición explicativa e práctica para os pais, que detalla o movemento, e mediante un conto ilustrado para ler cos nenos. Narracións ilustradas e exercicios de relaxación, con palabras e movementos, para compart...
    En stock

    13,50 €

  • QUEN SE AGOCHA NO DESERTO E NO MAR?
    QUEN SE AGOCHA NO DESERTO E NO MAR?
    HANÁCKOVÁ, PAVLA
    Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo. para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa. Con esta colección de libros de lapelas, os lectores poderán descubrir as estratexias que lles permiten aos animais agocharse e facerse «invisibles». ...
    En stock

    15,50 €

  • QUEN SE AGOCHA NO BOSQUE E NA NEVE?
    QUEN SE AGOCHA NO BOSQUE E NA NEVE?
    HANÁCKOVÁ, PAVLA
    Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo. para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa. Con esta colección de libros de lapelas, os lectores poderán descubrir as estratexias que lles permiten aos animais agocharse e facerse «invisibles». ...
    En stock

    15,50 €

  • O GRAN LIBRO DOS NÚMEROS, FORMAS E CORES DE UXÍA
    O GRAN LIBRO DOS NÚMEROS, FORMAS E CORES DE UXÍA
    SLEGERS, LIESBET
    A Uxía gústalle contar os dedos da man, os animais que ve no xardín, as caixas de galletas do supermercado... e buscar formas por todas as partes: círculos, cadrados, triángulos... Ademais, encántalle mesturar pintura e facer maxia coas cores. O mundo está cheo de sorpresas por descubrir! ...
    En stock

    18,90 €


01 02 03 04 05