0

Búsqueda de Editorial : RINOCERONTE EDITORA / Colección : Nova 31 resultados

  • O NADADOR
    O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    Personaxes adúlteros, nómades, homes e mulleres insatisfeitos que desexan evadirse e buscan a súa identidade aquí e acolá, que mudan de vida nun instante…Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.Nel, o autor oscila entre a crúa realidade cotiá e a anécdota delirante, e invita á reflexión sen perder de vist...
    En stock

    22,00 €

  • A VEXETARIANA
    A VEXETARIANA
    HAN KANG
    Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos.O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela.No primeiro relato, “A vexetariana”, un home mediocre descobre que a súa parella está cambiando. No segundo, “A ma...
    En stock

    19,50 €

  • A TRENZA
    A TRENZA
    COLOMBANI, LAETITIA
    As vidas de Smita, Giulia e Sarah non poden ser máis diferentes. Na India, Smita fai o posible para que a súa filla aprenda a ler e escribir. En Italia, Giulia descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar. E no Canadá Sarah enfróntase a unha enfermidade que truncará a súa exitosa carreira como avogada. Colombani tece unha espléndida trenza entre as tre...
    En stock

    18,00 €

  • MAIMAI
    MAIMAI
    SHIMAZAKI, AKI
    En stock

    17,00 €

  • DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPO
    DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPO
    PAASILINNA, ARTO
    Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e pasar os seus últimos días no grupo axeitado.Paasilinna trata a sombría cuestión d...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €

  • SEMPRE VIVIMOS NO CASTELO
    SEMPRE VIVIMOS NO CASTELO
    JACKSON, SHIRLEY
    Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo. ...
    Disponible en 1 semana

    20,00 €

  • MAGMA
    MAGMA
    HJÖRLEIFSDOTTIR, THORA
    Lilja namora dun rapaz intelixente e guapo que le a Derrida e cociña pratos vexetarianos. Múdase ao seu pequeno apartamento, e conforme esta nova vida en común alimenta o seu desexo de compracer a súa parella, os abusos case imperceptibles del continúan aumentando sen que ela os detecte. Ela intenta desesperadamente ser a amante perfecta e satisfacer as necesidades del. Pero pa...
    Disponible en 1 semana

    17,00 €

  • O ACONTECEMENTO
    O ACONTECEMENTO
    ERNAUX, ANNIE
    “Que a forma na que eu vivín esta experiencia do aborto –a clandestinidade– sexa cousa do pasado non me parece un motivo válido para que se siga ocultando. Sobre todo se unha lei xusta case sempre ofrece o paradoxo de obrigar as antigas vítimas a calar porque «todo iso xa se acabou», de modo que o mesmo silencio de antes tape o que pasou. Precisamente porque xa non pesa ningunh...
    Disponible en 1 semana

    17,00 €

  • VENCELLOS FEROCES
    VENCELLOS FEROCES
    GORNICK, VIVIAN
    Vivian Gornick pasea coa súa nai polas rúas de Manhattan mentres discuten e recordan o seu pasado familiar. Unha conversa continua entre dúas mulleres lúcidas: a autora, madura e instruída, e a súa nai, xa anciá e deprimida pola súa temperá viuvez, sobre os temas máis comúns das súas vidas. ...
    Disponible en 1 semana

    20,00 €

  • LINGO
    LINGO
    DORREN, GASTON
    Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar–non se espallou por Europa a punta...
    Disponible en 1 semana

    23,00 €

  • STONER
    STONER
    WILLIAMS, JOHN
    William Stoner nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar Agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial: o seu casamento afástao dos pais, a súa carreira estáncase, a muller e filla distáncianse del, e un novo ...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €

  • O ANO DO PENSAMENTO MÁXICO
    O ANO DO PENSAMENTO MÁXICO
    DIDION, JOAN
    Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante aca...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €

  • O VERÁN NO QUE MIÑA NAI TIVO OS OLLOS VERDES
    O VERÁN NO QUE MIÑA NAI TIVO OS OLLOS VERDES
    TIBULEAC, TATIANA
    Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.Mediante un relato cru, agresivo e convulso –feito polo propio Aleksy...
    Disponible en 1 semana

    20,50 €

  • XENTE NORMAL
    XENTE NORMAL
    ROONEY, SALLY
    Marianne e Connell son dous adolescentes que só teñen en común a vila irlandesa onde viven. Ela é altiva e marxinada, mentres que el é un dos rapaces máis populares do seu instituto. Con todo, comezan unha relación secreta que cambia as súas vidas. O intenso vínculo entre ambos continúa anos despois, no seu paso pola universidade, e marcará a súa entrada na vida adulta. ...
    Disponible en 1 semana

    19,90 €

  • O BAILE
    O BAILE
    NEMIROVSKY, IRENE
    Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está convidado. Só queda fóra a súa filla adolescente, Antoinette. A rapaza, ferida no seu orgullo, buscará vinganza. ...
    Disponible en 1 semana

    12,00 €

  • A NATURA EXPOSTA
    A NATURA EXPOSTA
    ERRI DE LUCA
    Un escultor veterano vive nunha pequena vila ao pé da montaña, onde vende e repara pequenas pezas de pedra e madeira, ao tempo que axuda a cruzar a fronteira a inmigrantes. Un incidente obrígao a marchar de alí e recibe un delicado encargo: a restauración dunha valiosa peza de mármore que representa un Cristo crucificado. ...
    Disponible en 1 semana

    16,00 €

  • FÓRA DO MAPA
    FÓRA DO MAPA
    BONNETT, ALASTAIR
    Nun mundo no que todos os mapas parecen trazados, e xa se descubriu e experimentou todo, Fóra do mapa ofrece unha viaxe a través das xeografías que aínda permanecen agachadas, dende illas desaparecidas a sumidoiros, cidades invisibles e terreos flotantes; un testemuño fascinante do misterioso que resulta o mundo aínda a día de hoxe.Seguindo a tradición da psicoxeografía (a hist...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €

  • INSTRUCIÓNS PARA CONVERTERSE EN FASCISTA
    INSTRUCIÓNS PARA CONVERTERSE EN FASCISTA
    MURGIA, MICHELA
    Instrucións para converterse en fascista nace para demostrar non só que a democracia é inútil e mesmo prexudicial para a convivencia, senón tamén para probar que a súa alternativa máis experimentada –o fascismo– é un sistema de xestión do Estado moito mellor, menos custoso, máis rápido e máis eficiente.Fiel ao seu humilde obxectivo didáctico, esta obra ofrece na súa conclusión ...
    Disponible en 1 semana

    15,00 €

  • COMO SE FAI UNHA RAPAZA
    COMO SE FAI UNHA RAPAZA
    MORAN, CAITLIN
    A adolescente Johanna Morrigan convértese en Dolly Wilde, e comeza a dedicarse á crítica musical nunha revista londiniense. Entre concerto e concerto, a protagonista relata sen papas na boca os seus esforzos por converterse en adulta a base de fumar, beber e deixar de masturbarse con todo tipo de obxectos para pasar ao sexo con todo tipo de homes.Despois do provocador Como ser ...
    Disponible en 1 semana

    21,00 €

  • VIVIR NA FIN DO MUNDO
    VIVIR NA FIN DO MUNDO
    No canto dun libro de viaxes que describa xentes e lugares, Christina Lilliestierna refire episodios da súa nova vida en Galicia a finais da década de 1960. Nestas páxinas aparecen vellos costumes dos nosos devanceiros, as súas prácticas máxico-relixiosas, o xeito de cultivar a terra e o de enfrontarse ás doenzas.Lilliestierna ofrece unha ampla panorámica do mundo rural galego ...
    Disponible en 1 semana

    18,00 €

  • O MUIÑEIRO OUVEADOR
    O MUIÑEIRO OUVEADOR
    PAASILINNA, ARTO
    Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del. Só a un tolo se lle ocorrería afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia do éxito da empresa, aquel extravagante individuo, capaz de engaiolar durante veladas enteiras aos ra...
    Disponible en 1 semana

    18,50 €

  • O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE
    O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE
    HADDON, MARK
    Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, coñece as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite encontra a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, polo que decide comezar unha investigación para descubrir o asasino.Mentres l...
    Disponible en 1 semana

    18,50 €

  • MAPA DE ESTRADAS LENDARIO DE ISLANDIA
    MAPA DE ESTRADAS LENDARIO DE ISLANDIA
    HJÁLMARSSON, JÓN R.
    Entre as riquezas literarias de Islandia hai un legado de mitos e lendas transmitidos a través dos séculos que segue a ter unha presenza viva na imaxinación popular. En Islandia, máis ca en calquera outro país, as historias son inseparables da paisaxe, nacida dunha natureza viva e misteriosa, que non tardou en ser poboada por trasnos, trolls, pantasmas, heroes e magos. Cada rec...
    Disponible en 1 semana

    18,00 €

  • O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS
    O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS
    PAASILINNA, ARTO
    Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando estes saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paisaxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo...
    Disponible en 1 semana

    16,50 €

  • O ANO DA LEBRE
    O ANO DA LEBRE
    PAASILINNA, ARTO
    Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intr...
    Disponible en 1 semana

    17,00 €

  • O RAPAZ QUE NUNCA EXISTIU
    O RAPAZ QUE NUNCA EXISTIU
    SJÓN
    Reykjavik, 1918. A erupción do volcán Katla cobre a cidade dun veo crepuscular. En Europa acaba de rematar a Gran Guerra, e a poboación dunha Islandia que acaba de obter a súa independencia observa con temor a chegada da gripe española.Neste momento de caos, o adolescente Máni Steinn enfróntase aos seus propios problemas: non é fácil ser homosexual nese momento e nese lugar. Po...
    Disponible en 1 semana

    17,00 €

  • COTOVÍA
    COTOVÍA
    KOSZTOLÁNYI, DEZSÖ
    En Sárszeg, unha vila de provincias da Monarquía austrohúngara, habitan Ákos Vajkay e a súa muller na compañía da súa única filla, a fea e solteirona Cotovía. A viaxe de Cotovía para visitar os seus tíos no campo, causa de tristura nun principio, espértaos ás cores do teatro, aos recendos e sabores do restaurante Rei de Hungría, ao xogo do tarot, á vida en sociedade… a unha vid...
    Disponible en 1 semana

    18,00 €

  • OS ASOLLADOS
    OS ASOLLADOS
    EGLOFF, JOEL
    Unha eclipse total de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que pensa propoñerlle matrimonio á súa parella no momento no que se superpoñen a Lúa e o Sol, un mendigo que espera poder cambiar a súa vida nese instante…Joël Egloff retr...
    Disponible en 1 semana

    15,00 €

  • A SOCIEDADE LITERARIA E DO PASTEL DE PEL DE PATACA DE GUERNSEY
    A SOCIEDADE LITERARIA E DO PASTEL DE PEL DE PATACA DE GUERNSEY
    SHAFFER, MARY ANN / BARROWS, ANNIE
    Xaneiro de 1946: A escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome.Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura...
    Disponible en 1 semana

    18,50 €

  • AS ALMAS GRISES
    AS ALMAS GRISES
    CLAUDEL, PHILIPPE
    As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza.Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o x...
    Disponible en 1 semana

    18,00 €


01 02