- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-8464-914-4
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
A AVOA ADORMECIDA
PARMEGGIANI, ROBERTO
A miña avoa dorme.
A miña avoa dorme todo o día.
A miña avoa dorme todo o día desde hai un mes...
A avoa adormecida presenta con sensibilidad e, tenrura e cercanía, a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. O ton poético do texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel. Destaca a sutileza coa que Roberto Parmeggiani - evocando a súa propia memoria sentimental narra o proceso da doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo do sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto... João Vaz de Carvalho recorre a fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo.
Este relato atemporal transcorre nun espazo familiar, lonxe do ambiente frío e impersoal de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na
infancia de todo ser humano: as avoas e os avós