
- Editorial:
- CATROVENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-122499-6-5
- Páginas:
- 132
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A BOLSA OU A VIDA
O 99% CONTRA A EMERXENCIA CLIMÁTICA
LLADÓ, SALVADOR
Se o petróleo fose un batido de chocolate , xa estariamos sorbendo e facendo ruídos raros . A transición cara ás renovables preséntasenos como a alternativa , pero é tal alternativa se a vía escollida nos aboca a seguirmos sendo no noso día a día peóns dunha partida de xadrez que enfronta o capitalismo contra toda forma de vida do planeta ? A bosa ou a vida , Salvador Lladó presenta dunha forma clara , didáctica e amena diferentes perspectivas da actual crise ecolóxica : desde a causa central ( a necesidade imperiosa de medrar do noso sistema económico ) , pasando polo seu principal síntoma ( a emerxencia climática , posta ademais aquí en relación coa pandemia da covid - 19 ) , até unha serie de propostas políticas ( ecosocialismo , Green New Deal , decrecemento ...) que nacen da necesidade de lle pór freo a un ritmo de produción e destrución da natureza sen precedentes . Estas páxinas servirán para demostrar que ese freo é posible : velaquí un paquete de medidas para decidir non á bolsa e un si rotundo á vida .