- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-8464-274-9
- Páginas:
- 288
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
A CIDADE DOS NENOS
UN XEITO NOVO DE PENSAR A CIDADE
TONUCCI, FRANCESCO
A cidade dos nenos é un proxecto impulsado en 1991 por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza.
Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos. A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo por numerosas cidades de Italia, España, Arxentina, Chile, Colombia, México, Paraguai, Uruguai e Perú.
Trátase da primeira tradución ao galego desta obra do prestixioso autor, colaborador de figuras tan destacadas como Gianni Rodari e Mario Lodi. Saír sós da casa e ir á escola de xeito autónomo, recuperar o tempo de lecer, xogar no espazo urbano peonil
e deixarlles experimentar, son algúns retos da alternativa á sobreprotección.