- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-9865-402-8
- Páginas:
- 244
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Bbca. Compostela de Narrativa Europea
A DESAPARICIÓN DE ESME LENNOX
O'FARRELL, MAGGIE
Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta informándoa de que ten unha tía avoa nunha unidade psiquiátrica que está a piques de desaparecer. Iris nunca oíu falar de Esme Lennox e a única persoa que lle pode dar unha explicación, a súa avoa Kitty, é incapaz de responder as preguntas de Iris. Que fixo Esme para merecer que a encerrasen toda a vida nun manicomio? E como é posible que se poida borrar completamente unha persoa da memoria da familia? A desaparición de Esme Lennox é a formidable historia dunha vida roubada e impugnada. Maggie O?Farrell é a herdeira directa de Daphne du Maurier, a autora de Rebecca, novela levada ao cinema por Alfred Hitchcock.