
- Editorial:
- RODOLFO E PRICILA, EDITORA INDECISA
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-124562-4-0
- Páginas:
- 244
- Encuadernación:
- Rústica
A FESTA EQUIVOCADA
P. LORENZO, FRAN
A festa equivocada é unha escolma da crónica xornalística e persoal que Fran P. Lorenzo foi publicando, durante a década dos dous mil, nas páxinas do diario Galicia Hoxe. A sección de opinión que acolleu estes artigos, Vai de blog, tentaba exportar á prensa escrita a narrativa e o ton das bitácoras virtuais.
?
A recusa consciente do poder e do pudor é o fío de unión de todas estas prosas incidentais. Nelas fálase de política e de batallas culturais, fálase de lingua, de diversidade sexual, fálase dos medios de comunicación e fálase ao cabo da vida dun país na encrucillada da historia.