
- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-16721-74-0
- Páginas:
- 364
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Vitamina N
A GRANDE ORQUESTRA ANIMAL
Á BUSCA DAS ORIXES DA MÚSICA NOS ESPAZOS SALVAXES DO PLANETA
KRAUSE, BERNIE
Bernie Krause é o mellor experto mundial en sons da natureza.
Todo comezou co rumor do trigo nun campo de Kansas; dende entón ten dedicado as últimas catro décadas a gravar paisaxes sonoras ecolóxicas e os sons de máis de 15.000 especies nos lugares máis recónditos, salvaxes e virxes do planeta. A causa da depredación humana, a metade dos coros naturais que rexistrou xa non existen.
Dende os sons imperceptibles dos virus ou o estrondo dos glaciares crebados, ata o canto dos mamíferos mariños, neste libro fascinante expón os seus postulados sobre o son natural, dividido en tres tipos:
a biofonía que producen animais e plantas; a xeofonía orixinada no vento, na auga e na chuvia e a partir da cal tribos remotas desenvolveron escalas musicais; e a antrofonía resultado da acción humana que, pola súa crecente influencia na natureza, ten efectos negativos nas demais especies, como o varamento de baleas.