- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2002
- ISBN:
- 978-84-403-0418-6
- Páginas:
- 88
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Punto de Encontro
A HISTORIA DO HOME-CAN
CARBALLUDE, PEPE
O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos. Nun deles coñece un indíxena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun elixir da súa invención. O señor Dos Santos, engaiolado pola idea de recuperar a mocidade, dálle instruccións para que lle faga chegar á casa a apócema milagreira. Logo dun tempo recibe o elixir e, sen perder un minuto, bebe a dose necesaria para perder uns cantos anos. Pero o resultado non é o esperado e o señor Dos Santos en lugar de ver reflectido no espello o corpo dun rapaz, atópase coa imaxe dun can. Malia o seu desconcerto e desesperación, le con atención a etiqueta do envase e nela descobre o porqué do novo estado: mesturara a apócema con alcohol.
Asustado, sae á rúa na procura de axuda e o único que recibe son traizóns reaccións oportunistas e incredulidade.
Para recuperar a súa aparencia hai un único camiño posible: cambiar a súa actitude ante a vida.