0
A MIÑA PRIMEIRA VIAXE

A MIÑA PRIMEIRA VIAXE

SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA

16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2012
Materia
Lectores iniciais, de 7 a 9 anos
ISBN:
978-84-9871-371-8
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Colección Q
16,00 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a favoritos

Viaxo feliz dentro desta nave. TUM-TUM…TUM-TUM. É o son dos motores. Non teño compás nin mapas para guiarme. Un día abrín os ollos e estaba aquí, viaxando para algunha parte. Como cheguei á miña cápsula? Non me lembro… Onde vou? Non sei…
Que supón nacer? A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana narrada en primeira persoa polo protagonista: un bebé no ventre materno. Un bebé que viaxa dentro do que el percibe como unha cápsula na cal percorre un universo descoñecido. Sabe que iniciou unha viaxe pero non sabe cara a onde. Dentro desa nave, o latexo do corazón da nai, que interpreta como son de motores, dálle seguridade.
A través dunha linguaxe onírica e poética, o lector vai acompañando o bebé e facendo súa esa viaxe de transformación, de procura da súa propia identidade: “Non son paxaro. Non son peixe. Non sei moi ben que son”, percibindo con el a interpretación dun mundo que non ve, que só lle chega a través “dun río que o baña nas súas historias”.
Paloma Sánchez crea metáforas que mergullan o lector nunha especie de xogo e que nos permiten abandonar a lóxica para deixarnos levar por sensacións, a través das cales se formulan grandes preguntas: onde imos?, de onde vimos?, que somos?, que é nacer?, nacer é como morrer? Ao longo do libro vaise intuíndo un mundo onde hai alegrías e tristezas. Desde a súa óptica particular, o protagonista comprende que “o choro é o idioma que se fala cando non se entende o mundo”. Percibe sensacións como o medo, a dúbida, a curiosidade e tamén a esperanza. Pero un día a nave estrágase e é expulsado. Sente medo: “que atoparei aí fóra? se saio morrerei?”. En certo xeito, o nacemento é vivido como unha experiencia de morte no que foi o seu único paraíso coñecido: o ventre materno. Con todo, a viaxe continúa nun novo universo no que xa non está só, pois unhas mans espérano ao final da caída.
Massimiliano di Lauro concibe, a través da imaxe, o ventre materno como unha nave espacial e o protagonista como un astronauta que inicia unha viaxe cara a si mesmo e, á súa vez, cara ao mundo exterior. O ilustrador italiano empatizou de inmediato co texto: “chamoume a atención a súa dozura, o seu ritmo delicado e lixeiro, o orixinal punto de vista e a beleza das metáforas, que se traduciron a imaxes na miña mente desde o primeiro momento. De aí a idea de representar plasticamente un mundo flotante, surrealista, intemporal, que aos poucos se vai materializando e tomando forma. Di Lauro imaxina o exterior a través dos ollos do protagonista e representa unha realidade deliberadamente confusa, inocente e, en ocasións, con chiscadelas humorísticas provocadas polo propio desconcerto do bebé-astronauta, que intenta construír un mundo que aínda non coñece. Para iso, combina debuxos a lapis con colaxes de fotografías, que conforman un mundo interior e exterior que vai da fantasía á realidade. Nesta viaxe sensorial, a ilustración, poética e sutil, dálles forma e rostro ás voces e sons imprecisos que o bebé percibe, así como ás cores que empeza a intuír: os raios de sol que se coan na súa nave. No nivel cromático, dominan os tons ocres, que se alternan coa poderosa presenza do vermello da vida: do bebé-peixe, do corazón, das tesoiras que o separan da súa nai e o do seu propio rostro ao nacer. O azul ten tamén protagonismo, ao representar tanto o ceo como o medio acuoso polo que viaxa e imaxina o mundo. Massimiliano di Lauro ofrécenos, nas gardas, unha brincadeira en forma de viaxe marítima e aérea de España a Italia, da igrexa da Peregrina de Pontevedra á catedral de Trani, o seu pobo natal. A miña primeira viaxe é a súa ópera prim

Artículos relacionados

  • PEDRI
    PEDRI
    La increíble historia de cómo Pedri, el joven talento del Barça y la selección española, se convirtió en uno de los mejores jugadores del mundo.Pedri sueña con jugar en el gran equipo de su pueblo, pero todos dicen que es demasiado pequeño. Mientras los mayores disputan el campeonato, él debe conformarse con entrenar y esperar su oportunidad. Pero cuando la misteriosa Abuela Nu...
    En stock

    14,96 €

  • SUPERCANICHE Y EL CAÑÓN SÓNICO, 2
    SUPERCANICHE Y EL CAÑÓN SÓNICO, 2
    PUNTER, RUSSELL
    ¿Cuál es el oscuro secreto que esconde la compañía Neoplásticos de Rosa Rasposa? ¿Es tan ecológica como parece? Supercaniche sospecha que no y deberá usar todos sus superpoderes para desenmascarar un complot diabólico. Necesitará la ayuda de los lectores para resolver complicados enigmas y rompecabezas y salvar la situación. ...
    En stock

    6,95 €

  • EL LIBRO DE LOS MONSTRUOS + AGUS PIANOLA Y EL MONSTRUO DE LOS LIBROS
    EL LIBRO DE LOS MONSTRUOS + AGUS PIANOLA Y EL MONSTRUO DE LOS LIBROS
    COPONS, JAUME
    La novela inédita que dio origen a la colección de Agus y los monstruos Agus Pianola y el monstruo de los libros y la última novedad de la temporada, El libro de los monstruos (Agus y los monstruos, 27) se unen en un pack especial. ...
    En stock

    19,90 €

  • 101 CURIOSIDADES DE DINOSAURIOS EN CÓMIC
    101 CURIOSIDADES DE DINOSAURIOS EN CÓMIC
    OLIVÉ, ROC
    ¿Sabías que todas las aves son dinosaurios, pero no todos los dinosaurios son aves? ¿Y que durante mucho tiempo se creyó que unos huesos de dinosaurio que habían encontrado en China pertenecían a dragones? ¿O que el huevo de dinosaurio más grande parece una croqueta gigante?Estas son solo algunas de las 101 curiosidades locas sobre dinosaurios que puedes leer en este libro, au...
    En stock

    14,90 €

  • EL LIBRO DE LOS MONSTRUOS
    EL LIBRO DE LOS MONSTRUOS
    COPONS, JAUME
    Hola, soy Agus; ya me conoces, ¿verdad? Durante años, Lidia y yo hemos vivido todo tipo de aventuras con los monstruos. Cuando todo empezó, no podíamos ni imaginar todo lo que íbamos a vivir y a ver, ni todo lo que íbamos a aprender. Ni siquiera se nos pasaba por la cabeza que nosotros dos acabaríamos siendo grandes amigos, amigos de verdad. Y, de repente, después de tanto tiem...
    En stock

    12,90 €

  • AGUS PIANOLA Y EL MONSTRUO DE LOS LIBROS
    AGUS PIANOLA Y EL MONSTRUO DE LOS LIBROS
    COPONS, JAUME
    Agus Pianola encuentra un muñeco de peluche en la biblioteca de la escuela. Pronto descubre que no es un simple muñeco, sino un monstruo que devora libros a todas horas. Y, de manera inesperada, ese monstruo abrirá para Agus la puerta a la lectura, la imaginación, la amistad y la aventura. ...
    En stock

    10,90 €

Otros libros del autor

  • ¿QUIEN SABE LIBERAR A UN DRAGON?
    ¿QUIEN SABE LIBERAR A UN DRAGON?
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    Érase una vez un dragón triste y solitario que vivía en las páginas de un cuento abandonado. Pasaba los días de página en página recordando tiempos y buscando al resto de los personajes, que habían desaparecido. ¿Alguien sabe qué pasa con los personajes de los libros si nadie los lee? ...
    En stock

    8,75 €

  • EL NIÑO QUE LLEGÓ CON LA NIEBLA
    EL NIÑO QUE LLEGÓ CON LA NIEBLA
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    Cediendo a las presiones del médico y de su hermana Elisa, Mirna sale a pasear por la calle después de haber pasado mucho tiempo encerrada en casa. En la niebla se tropieza con un niño flaco, mal vestido y descalzo. A las preguntas de Mirna responde que no tiene nombre ni padres y que vive en cualquier parte. Ella le propone que se quede en su casa; le cuidará hasta que se vaya...
    En stock

    8,00 €

  • EL BRUJO DEL VIENTO
    EL BRUJO DEL VIENTO
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    El Indio llegó desde el otro lado del mundo, de un país llamado Ecuador. Al principio, Rollo, Zampa, Camaleón, Trepa e Inés no se fijaron mucho en él. Pero luego descubrieron que era un as del balón... y tenía poderes. ¿Cómo si no pudo conseguir que todos los integrantes de la pandilla fueran un poco mejores? Una bella historia que acerca las diferentes culturas a los más jóven...
    Disponible en 1 semana

    9,20 €

  • PIRATA PLIN, PIRATA PLAN
    PIRATA PLIN, PIRATA PLAN
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    Este libro está adaptado al sistema de Lectura Fácil: un modo de hacer la lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaje.Plin y Plan son muy buenos amigos, pero un día discuten mucho. Los 2 piratas se separan y cada uno navega hacia un lugar diferente. Al principio se lo pasan bien solos, pero pronto descubren que no pueden vivir separados. ...
    Disponible en 1 semana

    8,75 €

  • BVA.PIRATA PLIN,PIRATA PLAN
    BVA.PIRATA PLIN,PIRATA PLAN
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    Los amigos suelen parecerse en algunas cosas y en otras no. Este era el caso de los piratas Plin y Plan que, a partir de una discusión absurda, deciden tomar caminos distintos. ¿Lograrán sortear las dificultades y aceptarse el uno al otro? Una novela que reflexiona con humor sobre el respeto a las diferencias individuales. También disponible en versión digital ...
    Disponible en 1 semana

    8,75 €

  • O CAZADOR E A BALEA
    O CAZADOR E A BALEA
    SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA
    Unha balea solitaria que percorre o mar buscandoa súa manda. Un cazador que a persegue sendescanso e non parará ata darlle alcance.Cando se atopan, descobren que teñen en comúnmáis do que imaxinaban. Dous protagonistas, ecomo escenario o inmenso e misterioso océano.Epopea moderna sobre a loita dun home contraas forzas da natureza, pero a obra ofrece ademaisoutro nivel de lectur...
    Disponible en 1 semana

    16,00 €