- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1176-048-5
- Páginas:
- 174
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
A MÍSTICA DA FEMINIDADE EN MAD MEN
CASCUDO, XOSÉ ANTÓN
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022
Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men (AMC, 2007-2015) e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave da segunda onda do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión. Betty Draper, un dos personaxes principais da serie, representa o paradigma da mística da feminidade, pois amosa todos os síntomas das mulleres de clase media da época, consagradas aos labores domésticos a pesar de acadar os seus dereitos políticos e civís antes da 2GM. Abórdase tamén o estigma que supón o concepto de muller de carreira a través doutros personaxes, como Peggy Olson e Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais.