- Editorial:
- EDITORIAL ELVIRA, MUNDO DETRÁS DEL MARCO, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-126334-2-9
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A VIDA DE LONXE
HISTORIAS PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA
BIEMPICA, MARÍA
Noa ano 1833, noméase a Pontevedra como capital da provincia. Este cambio administrativo significou unha nova adaina para a vila, que un ano despois obtivo o título de cidade. A capitalidade atraeu novas institucións, actividade comercial e nova poboación. A necesidade dunha reforma urbana levou aparellada o durrumbamento das antigas murallas, de xeito que se abren novas rúas como Michelena ou Oliva, tamén se planifican novos espazos de lecer como a Alameda.
No ano 1884, chega o ferrocarril, e no 1888, a luz eléctrica. Nos primeiros anos do século XX, a diaspora pontevedresa deixará a súa pegada, os indianos invisten na cidade fornecendo a modernización de Pontevedra coas construcción de fermosas edificacions; Villa Pilar ou o ceñecido Cafér Moderno, testemuña de conversas de persoeiros da talla de Castelao, son un bo exemplo...
A vida de lonxe conta un encontro casual, o cruzamento de miradas serve para iniciar unha conversa. As palabras son coma un feitizo que sacan á luz lembranzas que a protagonista tiña agochadas. A reunión interrónpese de súpeto, é hora de marchar. Aínda hai moito do que falar. Mentes, a vida cotiá transcorre nas rúas, nos bares e nos cafés do Ensanche pontevedrés como un actor secundario que envolve os protagonistas. A segunte cita non será tan doada.