- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9914-756-7
- Páginas:
- 336
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- NARRATIVA
A VINGANZA DO DEFUNTO
REIGOSA, CARLOS G.
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo ?cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados? ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns ?co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis?, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.