- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-8487-621-2
- Páginas:
- 201
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
A VONTADE DE CAMBIAR: HOMES, MASCULINIDADE E AMOR
HOOKS, BELL
Neste libro Bell Hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Preséntasenos, xa que logo, unha nova masculinidade. Unha masculinidade feminista. Debemos matar o home patriarcal para que agrome o novo home feminista.
A vontade de cambiar trata sobre a necesidade de vivir un mundo onde as mulleres e os homes poidan pertencerse uns aos outros. Observando as razóns nas que o patriarcado sustentou o seu poder sobre os homes e as súas vidas, a autora reclama o feminismo para os homes, amosando por que o pensamento e a práctica feminista son o único xeito de resovler a crise da masculinidade.
Non obstante, tal e como subliña Bell Hooks, non podemos pedirlles a nenos e homes que cambien sen ofrecerlles unha cultura para o cambio. A definir e presentar esa cultura están dedicadas as páxinas deste libro.