- Editorial:
- SOTELO BLANCO EDICIÓNS
- Año de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-7824-614-4
- Páginas:
- 181
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
AMIGOS E SODOMITAS
A CONFIGURACIÓN DA HOMOSEXUALIDADE NA IDADE MEDIA
CALLÓN, CARLOS
Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo. Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalizaci ón documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio. Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á estabelecida por Michel Foucault para o século XIX.