
- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-123409-0-7
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letra Inversa
AMOR DE NAI
BALSA RÁBADE, MARI LUZ
Amor de nai é unha homenaxe a unha gran muller , que foi e sempre será a expresión da bondade , o agarimo e a tenrura ; unha homenaxe a unha gran nai . Hónrame enormemente ter a grandeza de ser a súa filla , e esta obra pretende ser un pequeno agradecemento a todo o que ela representou e representa na miña vida . Os versos que compoñen estes poemas amosan a enorme dor e tristeza ocasionadas pola súa perda ; uns sentimentos que me axudan a superar as persoas máis achegadas , ás que quero agradecer o seu apoio . Esta obra pretende ser o espello da imborrable pegada que unha nai deixa para sempre na vida .