- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-403-1200-6
- Páginas:
- 104
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- Punto de Encontro
ANDAINAS DE PEDRO CHOSCO
CARBALLUDE, PEPE
Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradición e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira páxina, o lector fica enganchado a unha historia que engaiola non só pola trama argumental, narrada con habelencia e engado, senón tamén pola riqueza léxica, moi salientable neste autor, e tamén pola fantasía por veces desbordante. En fin, estamos perante un libro que, de seguro, nos permitirá vivir moitos momentos entretidos.