- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-15250-98-2
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS. OLLOS
AMIMAIS EXTRAORDINARIOS
GUTIERREZ, XULIO
A maioría dos animais ven dunha forma moi diferente á humana. Uns aprecian cores que nós non podemos distinguir. Por exemplo, as abellas ven vistosos debuxos de cor ultravioleta en flores que nos parecen brancas. Outros ven con máis nitidez, teñen un maior campo visual ou contan cunha visión nocturna tan sensible que lles permite cazar en condicións nas que as persoas non veriamos nada...
?Ollos? reúne unha ducia de animais extraordinarios de todo o mundo e permite comparar a súa visión co sentido da vista dos humanos. Millóns de anos de evolución levaron a que os ollos das distintas especies se adaptaran a todo tipo de ecosistemas: ollos que permiten ver mellor de día, ou de noite, captar movementos imperceptibles, recoñecer perigos, capturar presas ou apreciar cores que as persoas non poden nin imaxinar...
En resume, sobrevivir.