- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2006
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-568-9
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
AQUILES O PUNTIÑO
RISARI, GUIA
Ao principio, no medio dunha folla branca sen debuxos nin marcas, había un puntiño.
Era claro, case transparente.
O sol atravesábao coma un espello de auga.
Pouco a pouco o puntiño foise coloreando...
Un dos temas que máis curiosidade suscita entre os lectores é a orixe das cousas. A eterna pregunta do
por queestá na boca de todos os nenos e as nenas; acompáñaos ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo que o leva atransformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló , experimentar novas vivencias, medrar como ser vivo.
Non importa tanto a clase de criatura que é Aquiles; a proposta plástica realizada por Marc Taeger non permite precisalo. Pero o texto e as imaxes deixan perfectamente claro dende as primeiras páxinas que Aquiles posúe unha gran personalidade, con moita iniciativa e sensibilidade.
Contemplar o que o rodea, explorar a contorna, gozar dos pequenos detalles da vida, experimentar sensacións como a felicidade e enriquecerse día a día con emocións e sentimentos, son algunhas cousas que nos invita a compartir Aquiles. Marc Taeger traballou con diferentes tipos de papel que previamente pintara e logo recortara, dándolles forma para facer composicións coa técnica do collage.