- Editorial:
- EDICIONES ENEIDA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-17726-34-8
- Páginas:
- 350
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
ARA DO MAR
POESÍA A FISTERRA
Poucos espectadores do solpor en Galicia marítima, por moi lidos que sexan, dan evocado Nova York na outra banda do Océano. A costa enteira de Galicia é Fisterra e nela, cada entrada no mar lévanos a recoñecérmonos como os derradeiros habitantes do mundo noso. Non só a Fisterra de Alexandre Nerium é tal: outros lugares ostentan con dereito e orgullo ese nome, ou semellantes, no globo. E moitos aparecen neste libro. Nós debruzámonos nas altas debrocas e Fisterras de Galicia e mais nas de Cornoalla, de Bretaña, de Irlanda, e invádenos o sentimento de pisar o cabo do que foi e hai no mundo no intre de asistir a entrada do Sol nas augas. Eis a aventura que vos agarda ao mergullarvos neste libro no que Fisterra, a nosa e as outras, fan coro con voces de vivos e defuntos nas que ecoa o pasado de nosoutros e dos irmáns atlánticos aqueloutrados pola perda periódica do Sol. Entre as voces, unha agre. É a de Celso Emilio revoltado:Santo Cristo de Fisterra,
Santo Cristo de Fisterra,
santo da barba dourada,
axúdanos a pasare
a negra noite de España.
X.L. Méndez Ferrín