- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-92866-74-8
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Vétera
ARTE DE AMAR. REMEDIOS DO AMOR
VÉTERA 9
OVIDIO
Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofrece a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo.
Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás mulleres as mesmas artes de sedución. Por outra banda, os Remedios do amor resérvanse a aconsellar sobre como esquecer un amor enfermizo.
Con estas dúas obras queda cuberto o tema amoroso, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende o punto de vista tanto das mulleres coma dos homes. Porén, compoñer poemas deste tipo na Roma de Augusto tiña un prezo, e hai quen sinala que a causa de que Ovidio fose desterrado foi a publicación do primeiro libro, considerado polos ambientes máis conservadores do imperio como unha especie de guía para cometer adulterios.