- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1343-267-0
- Páginas:
- 208
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
AS "ESCOLAS NOVAS" E OS SEUS PROBLEMAS
CODIGNOLA, ERNESTO / VISALBERGHI, ALDO
«A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capaz de
cumprir os seus deberes para cos seus próximos, a súa nación e a humanidade no seu conxunto, senón tamén persoas conscientes da súa propia dignidade como seres humanos».
A Nova Educación con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova supuxo unha revolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativo dominante a finais do s. XIX.
Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica; abriu as portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións; puxo o foco no clima organizativo e relacional; deulle un novo protagonismo á formación ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil.
O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto rico en información e argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi e reeditado de novo en 1970.
O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos e conceptos que poden presentar algunha complexidade na actualidade), cun anexo conceptual e informativo ordenado alfabeticamente e un epílogo final de Antón Costa, especialista na materia.