
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-319-7
- Páginas:
- 34
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
AS TRES CURUXIÑAS
WADDELL, MARTIN
Había unha vez tres curuxiñas, Iria, Antón e Mara,
que vivían no buraco dunha árbore con Mamá Curuxa.
No buraco había pólas, follas e plumas de curuxa polo chan.
Aquela era a súa casa.
Unha noite, espertaron e viron que Mamá Curuxa
NON ESTABA…
Cúmprense 25 anos dende a edición orixinal de “As tres curuxiñas”, un exitoso e tenro álbum para primeiros lectores construído
arredor da inquedanza de tres pequenas aves que pousan,
pensan e agardan o regreso da súa nai. A irmá maior, o irmán mediano e a pequena de todos atópanse sós de noite e descoñecen
o motivo da súa ausencia, que cada un interpreta á súa maneira:
a maior tratando de atopar unha explicación lóxica, o mediano dándolle a razón á primera, e a cativa reclamando insistentemente
a presenza da mamá.