- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2024
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9995-456-1
- Páginas:
- 165
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- MEIGA MOIRA
AURORA AUSTRAL
CAJARAVILLE, HÉCTOR
Ano 2053. Tras unha catástrofe global, todo o mundo está baixo o control da ditadura neixente, que dirixe con man de ferro a vida da cidadanía. Para as novas autoridades a obtención de materias primas, o desenvolvemento de novas fontes de enerxía para fornecer o imparable avance tecnolóxico que defenden e o benestar das elites están por riba da existencia das persoas e da propia supervivencia do planeta.
Mei, unha moza de dezasete anos, vese obrigada a deixar a cidade de Lei Na Hai en que sempre viviu, logo de que unha estraña explosión a convertese en ruínas. Pero este suceso tráxico será tamén a oportunidade para fuxir cara a un lugar libre do dominio neixente, e Mei está disposta a percorrer o mundo enteiro na súa procura. Na súa viaxe estará acompñada por Eva e Tien-mu, dúas mulleres coas que Mei comparte algo máis que afouteza e ansias de liberdade.
Aurora austral é unha novela de aventuras, pero tamén unha reflexión sobre a condición humana e as consecuencias da ambición e a cobiza desmedidas. Unha distopía da que talvez non esteamos tan lonxe....