- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2012
- Materia
- Lectores iniciais, de 7 a 9 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-805-5
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA 2011
BANDADA
V PREMIO COMPOSTELA
ALVAREZ, DAVID / DÍAZ GARRIDO, MARÍA JULIA
Un día, as aves pousaron a súa mirada máis alá das ramas e das follas e imaxinaron unha vida distinta.
Así comezou unha nova era. Explicáronlles ás súas crías o porqué e o como de todo o que as rodeaba...
Bandada foi a obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre
os 256 traballos que optaron ao certame, procedentes de 19 países. O relato, a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir, pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles.
Dende o punto de vista estético, Bandada destaca
polo simbolismo das ilustracións, protagonizadas por toda clase de paxaros humanizados, representados cun extraordinario detallismo, en branco e negro.
O xurado - coa editora e investigadora Felicidad Orquín e mais o ilustrador Xan López Domínguez, entre outros - destacou o virtuosismo da técnica artística para conseguir imaxes dunha extraordinaria calidade
e forza expresiva.
...Un lirismo poético, un xogo contraditorio e unha mensaxe de esperanza que se leva ao extremo dun xeito moi hábil, asociando as aves desta historia coa incapacidade natural das persoas para voar.