- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2019
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-489-7
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS
BILBAO, LEIRE
Os protagonitas de Bechopoemas eoutras bestas,galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, son coñecidas criaturas -dende a curuxa aoleón, pasando polo polbo ou a serpe - que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos voadores, acuáticos, reptadores e ruxidores, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e xogos de palabras a base de concatenacións, diálogos poéticos, acrósticos, repeticiónse outros recursos literarios. Adiversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, onde tamén se presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.As ilustracións son un insólito e orixinal colaxe con aplicacións de papel, tipografías e fotos, manchas de intenso colorido que contrastan co bitono predominante, pegadas dixitais estampadas con tinta, debuxos e garabatos elaborados con lapis de cores que transforman e descontextualizan os obxectos ata extremos surrealistas. Son imaxes de contido simbólico que contribúena que as lectoras e os lectores desenvolvan a súa creatividade e participen mesmo do proceso artístico deste peculiar bestiario