Bechos e demais parentes continúa as aventuras da familia Durrell na illa grega de Corfú, iniciadas nA miña familia e outros animais. Gerry observa con igual desconcerto a fauna da illa e os membros da súa familia, composta pola súa nai viúva e os seus tres irmáns, e describe coa mesma fascinación o comportamento animal e as anécdotas que se suceden entre uns seres supostamente racionais.