- Editorial:
- XERME EDICIONS, S.L. (GRUPO SM)
- Año de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-9854-611-8
- Páginas:
- 264
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
BIOLOXIA E XEOLOXIA, 4 ESO. CELME
GIL, CONCHA / PEDRINACI, EMILIO / PASCUAL TRILLO, JOSÉ ANTONIO
1.A CÉLULA: UNIDADE DE VIDA2.OS CARACTERES E A SÚA HERDANZA3.AS LEIS DA HERDANZA4.OS XENES E A SÚA MANIPULACIÓN5.A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS6.COÑECER A TERRA E DESCUBRIR O SEU PASADO 7.A TECTÓNICA DE PLACAS8.MANIFESTACIÓNS DA TECTÓNICA DE PLACAS9.HISTORIA DA TERRA E DA VIDA10.A ESPECIE E O MEDIO11.A COMUNIDADE E O ECOSISTEMA12.AS ACTIVIDADES HUMANAS E O MEDIO AMBIENTE
Un proxecto enfocado á aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía baseado nos contidos curriculares e na práctica na aula, todo isto adaptado ás necesidades e aptitudes de cada curso. O libro do alumno ofrece un gran número de actividades teóricas, prácticas, competenciais e interactivas que pretenden contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas. Préstase unha especial atención ás novas tecnoloxías a través de vídeos, actividades interactivas e animacións co fin de introducir os alumnos na sociedade da información e facilitar, ao mesmo tempo, a gran cantidade de posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para esta materia.O proxecto CELME ofrece un tratamento integral na área de Bioloxía e Xeoloxía, cuxos principais sinais de identidade son:PARTIMOS DE INTERROGANTES E SITUACIÓNS PRÓXIMAS AO ALUMNO: Con imaxes e ilustracións contextualizadas moi afíns á realidade máis próxima, para provocar a motivación por aprender e conseguir así unha aprendizaxe significativa.APOSTAMOS POLA EXPERIMENTACIÓN: É necesario comprender para aprender e aprender facendo. Propoñemos utilizar métodos da ciencia a través de experiencias sinxelas na aula que obriguen os alumnos a participar activamente na súa aprendizaxe, e ademais propoñemos un traballo de investigación no apartado Ciencia en acción.CELMEDIXITAL OFRÉCECHE UN CONTORNO DE TRABALLO PERSOAL: Integra ferramentas do mundo dixital que enriquecerán as túas clases de xeito sinxelo e seguro. Poñemos as TIC ao servizo da ciencia, e diversificamos o tipo de actividades.