- Editorial:
- AIRA EDITORIAL
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-126649-5-9
- Páginas:
- 472
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
BREO
O CELTA QUE DESAFIOU A ROMA
NARLA, FRANCISCO
Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos costumes. Tana, unha das derradeiras irmás da Orde, tece un plan para impedilo, para que os vellos clans abandonen as súas discordias e se unan de novo fronte ao invasor.
Francisco Narla escribiu unha novela histórica que se le coma unha superprodución cinematográfica. Épica, aventura, personaxes inesquecibles... Horas e horas de nutritivo entretemento.