- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9151-351-3
- Páginas:
- 224
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
BREVEDUME
BORRAZÁS, XURXO
(A vida feita anacos)
A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre que pensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas con xenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle falta achego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. O autor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidade porque, mentres haxa abraio, haberá literatura.