- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9914-654-6
- Páginas:
- 336
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- NARRATIVA
CHOVIDA DO CEO
CONDE, ALFREDO
Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa. O estraño caso será investigado polo escéptico comisario Salorio, que arrastra unha vida privada abondo complicada. Nunha cidade de forte carácter histórico e dirixida polas institucións que, no fondo, lle dan vida, Salorio verase obrigado a investigar tamén a unha parte importante da igrexa tras a desaparición do Codex Calixtino, a alfaia do patrimonio artístico da catedral.
Chovida do ceo retrata de forma exquisita e divertida a Compostela do noso tempo. Neste novo caso do compostelán inspector Salorio, Alfredo Conde ofrece unha inesquecible novela do mellor xénero negro, tinguida de humor, sarcasmo e unha doce melancolía.