
- Editorial:
- CATROVENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-122499-7-2
- Páginas:
- 172
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
COMANDO IGUALDADE
A MOCIDADE FACENDO A REVOLUCIÓN FEMINISTA NAS AULAS!
Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! explica o porqué da formación deste colectivo vigués integrado por adolescentes que foi tomando forma nas aulas de Filosofía dun instituto, o debate social e transversal que busca xerar a mocidade que o conforma e a necesidade de que exista un Comando Igualdade non só en todos os centros de estudos, senón tamén en calquera recuncho da sociedade.
Nun mundo que nos ensina a odiarnos, querérmonos é revolucionario. Chis Oliveira e Priscila Retamozo, ao comezo mestra e alumna, e agora compañeiras, son as autoras deste manual para desaprender condutas sexistas que non sabiamos que tiñamos inculcadas e automatizadas, para deixar atrás a miopía dos prexuízos que non nos deixa ver con nitidez e para pór en práctica a equidade, a empatía e a corresponsabilidade de forma colectiva e horizontal, e dende unha perspectiva ecofeminista.
A revolución comeza nas aulas! Soñamos con comandos en todas as realidades (na escola, no traballo, nos adestramentos, nas clases de pintura
), e neste libro tes as chaves para formar o teu. Fai parte do cambio e consigue que a igualdade sexa a verdadeira medida de todas as cousas.