- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1343-229-8
- Páginas:
- 260
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
COMEZAR POLO NENO
LODI, MARIO
Comezar polo neno é un dos libros máis políticos de Mario Lodi,
un mestre que creu na innovación educativa, no poder liberador
da educación e na democratización da escola.
Publicado por vez primeira en 1977, é o texto fundamental da súa
actividade pedagóxica e continúa a ser referencia para unha reflexión
sobre a relación entre os nenos e a escola. Lodi trasládanos a súa
observación atenta sobre o modo de pensar e aprender dos nenos e nenas
a partir da aula como lugar de intercambio, formación e confrontación.
Defensor dun modelo escolar en que se potencien as capacidades
expresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamento reflexivo
e os valores democráticos, esta obra servirá de acicate para quen quere
seguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseada en
valores como a solidariedade e a cooperación, na que cada neno e nena
poidan desenvolver as súas propias actitudes e intelixencias, así como
as súas habilidades expresivas e creativas.