- Editorial:
- CUARTO DE INVERNO
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-124586-4-0
- Páginas:
- 138
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
COMO ESCORRENTAR UN LOBO
FRAGA, ANTONIO MANUEL
Ano 1944. Nunha Polonia ocupada polos nazis, Noncia rescata dúas crianzas xudeas do seu tráxico destino e agóchaas na súa casa. Para as axudar a combater o medo, relátalles unha incrible aventura que viviu na súa infancia, cando percorría os camiños acompañando o tabor xitano ao que pertencía. A historia trasládaos ao corazón do misterioso bosque de Bialowieza, onde a familia de Noncia, tras extraviarse no medio dunha treboada, chega á vila secreta de Polana Wilków, o fogar dos Neuri. Alí coñecerá as distintas criaturas fantásticas que se agochan no bosque e aprenderá a mirar o medo cara a cara.
Como escorrentar un lobo é unha aventura chea de misterios co arrecendo das lendas contadas baixo a luz dunha candea.