- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Año de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-8487-299-3
- Páginas:
- 295
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
A SITUACIÓN DO GALEGO COMO SÍNTOMA
RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, FRANCISCO
Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na história moderna do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. A publicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a nosa nación padece. Con esta 4ª edición, corrixida e enriquecida con novos textos, podemos verificar até que ponto as análises e alternativas defendidas polo profesor e sociolingüista FRANCISCO RODRÍGUEZ se cumpren nos tempos de hoxe. Este volume amplia a sua utilidade, a sua validade, a unha cuestión clave na vida dunha língua oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito lingüístico que vive este país, senón para remontá-lo a executar unha práctica normalizadora merecente de tal nome.