
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2024
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1176-193-2
- Páginas:
- 142
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Costa Oeste
CONTAS DE BUXO
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL
Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos.
Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase.
Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela.
A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto.