
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-18567-33-9
- Páginas:
- 70
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
CRIPTOGRAFÍAS
PEPE CÁCCAMO / RAMOS, BALDO
Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.
Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconversos que reunía versos de 40 poetas e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.
Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.