- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-288-6
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
CROCODILO NAMORADO
KULOT, DANIELA
Este título é o primeiro dunha serie de álbums protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa. Así, sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ámbolos dous se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela. Pero o azar empéñase en frustrar ese cruce de miradas e sorrisos necesario para que xurda a chispa do amor.