- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9151-613-2
- Páginas:
- 420
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
CULTURA E POLÍTICA NA GALICIA DO SÉCULO XX
VILLARES, RAMÓN
Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX.
A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico.
A partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. Dúas figuras, Luís Seoane e Ramón Piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os heroes calados do interior e os emigrantes dun país soñado, desde o exilio.
Alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a Galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano.