- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-922-5
- Páginas:
- 156
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Dombate (Poesía)
DE ROSA ANTIGA
VILLAR JANEIRO, HELENA
De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).
Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.