- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19213-43-3
- Páginas:
- 200
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS
SOLÀ, IRENE
Despois de Canto eu e a montaña baila, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.
A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.
Despois do éxito internacional de Canto eu e a montaña baila, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.
A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de Canto eu e a montaña baila.