
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2025
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-362-2
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
DEZ COELLIÑOS
SENDAK, MAURICE
Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak.
Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desaparecendo por arte de encantamento.
Continúa o legado de Maurice Sendak con este divertido e disparatado álbum que se publica 12 anos despois do seu falecemento. O seu protagonista é outro neno álter ego de Sendak, como Max (Onde viven os monstros), Miguel (Na cociña de noite, Miguel. Conto exemplar) ou Xoán (O un era Xoán), que nos ensina a contar cara adiante e cara atrás con humor e orixinalidade a través de dez coellos rebeldes que aparecen e desaparecen por arte de maxia.
As múltiples expresións de Mino e a habilidade de Sendak para capturar todo tipo de emocións engaiolan os lectores e as lectoras, atraídos non só pola crecente marea de coelliños peludos, senón pola satisfacción do protagonista ao velos aparecer e desaparecer enfrontando non poucos obstáculos e frustracións.
Un tesouro recentemente descuberto dun querido mago dos libros infantís.