0
DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

GRACIÁN, ÁNXELA

12,50 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Editorial:
HÉRCULES EDICIONES
Año de edición:
2018
ISBN:
978-84-947770-6-6
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Novas lecturas de Hercules
12,50 €
IVA incluido
Disponible en 10 días
Añadir a favoritos

Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe se para sempre!

Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así, rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido; as vivencias da mocidade e as aspiracións desta estapa; a súa concepción da docencia na que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce os afectos na aula, así como os gustos e as inclinacións; as lecturas; os gozos; a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel e os de carne e óso-, a teimosía; o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernos perecedoiros.

Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos –cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos que atraerán ao público infanto-xuvenil– á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a lingua coa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso.

Artículos relacionados

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    NORBERTO PABLO CIRIO
    ¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazi...
    En stock

    20,00 €

  • O SENTIDO DO ABRAIO
    O SENTIDO DO ABRAIO
    CARSON, RACHEL
    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).Na publicación orixinal na revista Women’s Home Comp...
    En stock

    17,00 €

  • ACTOS HUMANOS
    ACTOS HUMANOS
    HAN KANG
    PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024 «Hay que leer la tremenda Actos humanos [...] Una mirada casi imperturbable hacia el horror, la sangre y la crueldad desplegada institucionalmente».Elena Hevia, El Periódico Mayo de 1980. La ciudad de Gwangju se moviliza contra la dictadura militar de Chun Doo-hwan, que hace unos meses tomó el poder en Corea del Sur. La oposición civil, liderada ...
    En stock

    21,90 €

  • A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia po...
    En stock

    20,00 €

  • IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    HAN KANG
    LA NUEVA NOVELA DE HAN KANGPREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024PREMIO MÉDICIS ÉTRANGER 2023 «Una novela inquietantemente bella sobre la imposibilidad de despertar de la pesadilla histórica. Inolvidable».Hernán Díaz Una gélida mañana de finales de diciembre, Gyeongha recibe un inesperado mensaje de su amiga Inseon: después de sufrir un accidente en su taller de carpintería en la isla...
    En stock

    21,90 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    AUTORES VARIOS
    Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fer...
    En stock

    22,00 €

Otros libros del autor

  • BRUNILDA E BRUNILDO
    BRUNILDA E BRUNILDO
    GRACIÁN, ÁNXELA
    En stock

    15,00 €

  • DONA DE NÓS
    DONA DE NÓS
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022O xurado valorou na obra:A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visita...
    Disponible en 1 semana

    9,65 €

  • MEMORIA ILUMINADA
    MEMORIA ILUMINADA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Libro-cd de poemas no que se debuxa o universo de vivencias na aldea que a memoria conservou intacta en cada un de nós, e que toman forma a través dos versos de Ánxela Gracián e da voz de Emilio Rúa.A escrita telúrica de Ánxela Gracián envólvese das harmonías de Emilio Rúa para anegarnos coa luz infinda do paradiso da nenez. Unha arquitectura de proporción áurea na que a poeta ...
    Disponible en 10 días

    20,00 €

  • AS VOCES DA AUGA
    AS VOCES DA AUGA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018).'As voces da auga' destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico...
    Disponible en 1 semana

    14,85 €

  • GOMBÓ E O MEDO Á ESCURIDADE
    GOMBÓ E O MEDO Á ESCURIDADE
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Disponible en 10 días

    14,00 €

  • GOMBÓ E A VIAXE Á LAGOA
    GOMBÓ E A VIAXE Á LAGOA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Disponible en 10 días

    14,00 €