- Editorial:
- RETRANCA EDITORA, S.L.
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-941632-8-9
- Páginas:
- 120
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
DÚAS MOEDAS
TAMARIT, NÚRIA
Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.
Dúas moedas, obra gañadora do primeiro Premi València de Novela Gráfica, é a colorista mirada da ilustradora Núria Tamarit a unha parte da realidade africana, tan vasta e complexa como fascinante nas súas particularidades.