- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-8464-835-2
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Maremar
ELEFANTE COMELLÓN
ORDOÑEZ, RAFAEL / TAEGER, MARC
Na inmensa sabana o león dorme, ronca, soña.
Soña o león cun melocotón...
O león esperta coa boca aberta.
Entón lémbrase do melocotón dourado..., saboroso..., delicioso...
O león estírase, levántase, despois mexa detrás
dunha planta.
Ole o aire e ponse en marcha ...
Elefante comellón é un divertimento literario
protagonizado por varios animais: o león, a pantera, a gacela, a galiña, a ra... a cada un antóxaselle unha froita e, percorrendo a sabana, buscan onde saciar
o seu apetito. Trátase dun relato humorístico de estrutura acumulativa e repetitiva que establece un divertido xogo de palabras rimadas, polo que resulta especialmente indicado para ser contado a primeiros lectores.
Rafael Ordóñez enriquece o texto con fragmentos narrativos e diálogos entre os personaxes, polo que o alcance desta obra faise extensivo tamén a lectores autónomos.
Prolongando a brinca literaria, as ilustracións de Marc Taeger xogan co as cores e co as formas: os animais son representados con gamas cromáticas atípicas e
figuras esquemáticas feitas artesanalmente co a técnica do linogravado, coa que logra un aspecto rústico para este álbum que transmite dinamismo....Un
ha fauna mansa e vexetariana que se completa coa aparición dun elefante comellón e insaciable