- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Año de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-19754-46-2
- Páginas:
- 132
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
ENFIANDO A VIDA
FRAGUELA VALE, SUSANA
Lali é unha moza boa, que vive para os demais. A súa vida segue o sendeiro marcado para unha muller na primeira metade do século XX, incluso cando o seu home ten que emigrar. Pero cando a traxedia lle descobre que os seus temores eran certos e perde dúas veces o que máis quería, ten que tomar decisións e atopar outro xeito de vivir coa dor da traizón.
Sofía é unha rapaza que sabe o que quere. Non vai deixar que quimeras como o amor verdadeiro a desvíen do seu obxectivo: evitar o sufrimento. Por iso, cando no traballo trasladan a Pedro alén os mares, ela toma unha rotunda decisión sen decatarse de que tentar evitar os erros dos que a precederon no camiño, non garante a felicidade.
O que une e separa a Lali e Sofía vaise tecendo en Enfiando a vida para presentar un retrato da Galicia dos séculos XX e XXI, onde a emigración muda e se adapta aos novos tempos, pero non desaparece. Unha sociedade que, empurrada polas súas mulleres, se adapta á modernidade sen deixar que a tradición se perda.