- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-18136-60-3
- Páginas:
- 106
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
ENGADIR AUGA E ESPERAR....
EPELDE, FERNANDO
Gloria navega no tempo nunha espiral concéntrica. O seu presente, o seu pasado e o seu futuro líganse e deslíganse coma se o suco do destino tentase dicirlle algo.
Mentres se move, Gloria pode verse a si mesma noutros puntos da espiral, vivindo a súa vida en diferentes estados temporais.
Desde a distancia do tempo ela pode ver o día no que lle chegou o primeiro período ou, moito despois, recibindo a noticia do seu embarazo. Esta nova perspectiva do tempo tamén lle ofrecerá a posibilidade de contemplarse noutros intres máis avanzados da súa propia historia. Por exemplo, cando o médico lle comunicou que padecía un grave cancro.
Imaxes que van chegando como fotogramas illados nos que semella que, se cadra, alguén puido abusar dela cando aínda era moi nova.
A misión de comprender e procesar ese feito acabará por dar sentido non só á súa propia existencia, senón tamén á de todas as Glorias que habitan dentro de Gloria